Monday 20 de May de 2024

O concello de Ribeira comprará no comercio local os materiais para o mantemento da xardinería municipal


A concellería de Servizos Municipais comezará a comprar no comercio local tódolos materiais necesarios para os traballos de xardinería que realiza a brigada municipal.
“Apostamos polo comercio local co propósito de fortalecer a economía no noso municipio” explica a concelleira Tania Redondo. “Seguimos a traballar para ofrecer un servizo de calidade no mantemento de tódalas áreas verdes municipais.”

Ao comprar no comercio local, diminúese a necesidade de transportar produtos dende distancias afastadas, o que reduce a pegada de carbono asociada ao transporte e contribúe á preservación do medio ambiente. “É un investimento no futuro sostible e próspero da localidade.” afirma a concelleira.